Wednesday 08 de May de 2024

Escrutinio dos concursos de escaparatismo e decoración de locais de hostalería do Nadal Riveira, mañá no Lustres Rivas


O Centro Cultural Lustres Rivas vai acoller mañá xoves ás 12 do mediodía o escrutinio dos concursos de escaparatismo e de decoración de locais de hostalería postos en marcha durante este Nadal a iniciativa do Concello e da Asociación de Empresarios.

O escrutinio ten carácter público (calquera pode estar presente no reconto de votos). Hai que recordar que participaron un total de 22 establecementos comerciais e 4 bares.